11 Dic Éxito da campaña de nadal coa recollida de 4.400 quilos
A Asociación de Pais de Alumnos (APAP) do Colexio M. Peleteiro – Dolores Ramos levou a cabo nas pasadas xornadas a campaña de Nadal a beneficio de Cáritas e da Cociña económica de Santiago co obxecto de acadar 3.000 quilos de alimentos, produtos de hixiene e limpeza, destinados a aliviar as necesidades das persoas desfavorecidas.
Na semana do 2 ao 5 de decembro os alumnos do colexio e as súas familias reuniros 4.430 quilos, superando amplamente o reto inicial e tamén a cifra da pasada edición: 3.800 kg. En concreto 630 deixáronse no centro de Infantil e 3.800 nas conserxerías de Secundaria e Primaria.
A APAP do Colexio M. Peleteiro destacou emocionada o compromiso dos alumnos que, de xeito exemplar, desenvolveron xenerosamente o traballo de selección, empaquetado, pesado e almacenamento da totalidade dos produtos. Na tarde de onte, foron entregados a Cäritas e a Cociña económica nun acto no Centro de Educación Infantil Dolores Ramos ao que acudiron representantes das dúas entidades beneficiarias, alumnos de Infantil, profesores, a dirección do centro e representantes da APAP:
Dende a asociación quixeron facer fincapé na traxectoria exemplar das familias e dos alumnos do colexio en cada chamamento á solidariedade que se ven facendo ano tras ano, así como o compromiso da comunidade educativa e da dirección.